EDUCACIÓN

Programa municipal de conciliación de verán 2017

O Departamento de Educación e Cidadanía do Concello de Santiago ten previsto a realización dun programa de conciliación laboral e familiar no período das vacacións do verán 2017 (xuño-xullo e setembro). Este programa comprende un conxunto de actividades, a desenvolver en instalacións do CEIP das Fontiñas e do CEIP Raiña Fabiola, destinadas á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago. Este programa concíbese como un espazo educativo, de promoción do ocio e o tempo de lecer, ademais dun recurso para a conciliación familiar e laboral no tempo de vacacións.

Os solicitantes terán que cubrir a solicitude e entregala no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no rexistro auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o Ensanche (Rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16).

Prazos de inscrición dende o 15 de maio ata o 29 de maio de 2017.

Compartir: