EDUCACIÓN

Obradoiros de verán 2017 nas escolas infantís municipais

Aberto o prazo de inscrición nos obradoios de verán nas escolas infantís municipais de Conxo, as Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños.

Os solicitantes terán que cubrir a solicitude e entregala no Rexistro Xeral do Concello de Santiago (Rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no rexistro auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o Ensanche (Rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16).

As admisións realizaranse por rigorosa orde de entrada no Rexistro municipal dende o 15 de maio ata cubrir as prazas dispoñibles en cada escola.

Direccións relacionadas

Compartir: