O Concello de Santiago aposta pola democratización do acceso aos contidos web, polo que emprega formatos estándar establecidos polo W3C e segue as directrices xeradas polo WAI. Así, a información, servizos e aplicacións da web municipal están dispoñibles para o usuario independentemente do soporte electrónico que este empregue para a súa consulta.

A web, independente de dispositivos, implica entre outras as seguintes vantaxes:
  • Permite consultar a información a través de calquera soporte: ordenador, teléfono móbil, PDA, navegadores especiais para persoas con discapacidade visual...
  • Os contidos móstranse máis claros e estruturados
  • Posibilidade de acceso cunha calidade variable de conexión á rede

Hoxe os internautas agardan ter sempre a información ao seu dispor, independentemente do lugar, momento do día ou mecanismo de acceso. Ante esta demanda os autores dos contidos teñen desenvolvido información accesible desde calquera dispositivo, co fin de reducir esforzos e custos.

Para acadar a devandita independencia de dispositivo emprégase unha linguaxe con etiquetas estándar que funcionen nunha ampla gama de soportes. O deseño da web de Santiago de Compostela realizouse para que fose compatible co maior número de dispositivos posible. Estas tarefas forman parte dun proceso de mellora continuado que atende aos últimos avances tecnolóxicos.

Entre estes avances tecnolóxicos inclúense unha serie de dispositivos e axudas para persoas con discapacidade visual, melloras como son os programas adaptados para a navegación en Windows.

mobilSCQ

A web do Concello de Santiago de Compostela dispón asemade dunha versión reducida que pode ser consultada a través do teléfono móbil, por medio do enderezo http://mobilscq.org. Nesta páxina atoparás máis información sobre o servizo.

Compartir: