Nas oficinas municipais de turismo facilítaselles aos cidadáns e visitantes información turística vinculada co Concello: monumentos, museos, hoteis, restaurantes, lugares de ocio, troco de diñeiro, transportes, temas relacionados co Xubileo e o Camiño de Santiago, zonas de compras, oferta cultural...

Existen escritorios permanentes de información turística municipal na rúa do Vilar, 63 (Incolsa) e outras de apertura temporal no Pazo de congresos e exposicións. Asemade, facilítanse folletos e publicidade, tanto se se solicita persoalmente como se se fai por teléfono, fax ou por correo.

Como axuda ao fomento e atención do turismo na nosa cidade no ano 1999 creouse a sociedade municipal Incolsa (Información e Comunicación local, S.A.), destinada á promoción e comunicación institucional de Santiago de Compostela.

Compostela Film Comisión créase para promover a utilización da cidade no cine.



Compartir: