Participación Cidadá
Casa das Asociacions de Cornes. Rua Manuel Beiras 3.Tel.: 981 542350 / Contactar co Concello
Horario: De luns a venres (agás festivos), de 9:00 a 14:00 h
Este departamento é a canle para achegarlles ás asociacións de veciños os medios que dispón o Concello que poidan resultarlle do seu interese.
- Participa en actividades das asociacións veciñais inscritas no rexistro municipal de asociacións e mais no funcionamento do Consello de Participación Veciñal.
- Recibe demandas e reinvindicacións das asociacións de veciños e mesmo dos particulares.
- Informa das subvencións e axudas destinadas ás asociacións de veciños, tanto municipais como doutros organismos públicos, e ofrécelles información municipal do seu interese, como ordes do día do Pleno, a todos os colectivos de veciños.
Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello