Unidade de Atención ás Migracións
Rúa Alcalde Raimundo López Pol, s/n (Edificio CERSIA)Tel.: 981 542 495 / Contactar co Concello
Web: https://uami.gal/
Horario: Atención ao público:
Horario de inverno: de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas.
Horario de verán (do 15 de xuño ao 15 de setembro): de 9:00 a 13:00 horas.
Liñas de autobuses: liña 4 e liña 6.
Para facilitar a inclusión social e laboral das persoas en situación de vulnerabilidade, a Unidade de Atención ás Migracións – UAMI, que é a oficina municipal encargada da acollida inicial ás persoas emigrantes e inmigrantes e retornadas, xestiona e informa sobre un conxunto de actuacións que contemplan axudas, subvencións, bolsas de estudos, actividades e programas dirixidas á cidadanía e prestando os seguintes servizos:
- Información e asesoramento na tramitación de permisos de residencia e traballo, visados, adquisición de nacionalidade, reagrupamento familiar, e calquera outros trámites administrativos que este colectivo precise, así como as prestacións sociais, educativas ou sanitarias ás que tivesen dereito; información dos trámites posteriores ó retorno e das axudas extraordinarias para persoas retornadas; información das axudas para o retorno voluntario de persoas inmigrantes...
- Información acerca de programas formativos e de orientación laboral, así como de cantas axudas poidan facilitar a súa inserción no mercado laboral.
-Orientación e derivación para a tramitación de recursos sociais.
-Desenvolvemento de programas que promovan a integración das persoas inmigrantes na nosa sociedade; e daqueles que fomenten os valores de tolerancia, respecto á diferencia e convivencia intercultural. - O Concello súmase ao Día Internacional das Persoas Refuxiadas cunha campaña de sensibilización e un concerto da Banda Municipal 16/06/2023
- A Rede Galega en Apoio ás Persoas Refuxiadas e a UAMI traen a Santiago a obra 'Bajo el mismo sol' 22/02/2023
- "Crónicas de Siria" achegará aos centros socioculturais relatos musicados de autoras e autores sirios 09/03/2017
Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello