Elabora e coordina a programación que se desenvolve no Teatro Principal.

Coordina as actuacións da Banda de música municipal, cunha programación establecida do seguinte xeito:

Un concerto cada domingo, que se celebra no palco de música da Alameda, agás durante os meses de outono e inverno que por razóns climatolóxicas o fai no Teatro Principal, sempre ás 12.00 horas.

Un concerto cada xoves dende o primeiro de xuño ata o derradeiro do mes de setembro, ás 20.00 horas, que se celebran xeralmente na rúa do Vilar.

Asemade participan en inauguracións, concertos e intercambios con outras bandas, segundo os acordos que neste sentido se adopten dende o Concello.

Informa e distribúe publicacións municipais relativa aoss seus programas culturais.

Pode consultar os trámites que xestiona este departamento na sede do Concello



Compartir: