Martiño Noriega Sánchez


Nado en 1975 e pai dunha cativa. Licenciado en Medicina pola Facultade de Compostela, onde tamén obtivo o DEA en Saúde Pública no 2010. Realizou a especialidade en Medicina de Familia na área sanitaria de Santiago (CS Fontiñas,CHUS) e traballou posteriormente no 061 ate o 2007. Criado ate os 5 anos no Ensanche compostelán, vive dende esa idade no Concello de Teo onde foi alcalde durante 8 anos (2007-2015).
Compartir: