Rafael Peña Vidal
Rafael Peña Vidal
Concelleiro responsable de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, con competencias en Medio Rural, Proxectos e Obras e Brigada de Vías e Obras.
Veciño da Lavacolla e traballador do aeroporto no servizo de asistencia a persoas con mobilidade reducida, ten un activo compromiso na defensa dos intereses laborais e sociais da xente coa que traballa, polo que é responsable das seccións sindicais da CIG no aeroporto. Forma parte dende mozo do tecido asociativo e do movemento veciñal do rural de Compostela.
Medio Rural
A acción no medio rural baséase na idea da recuperación do agro como valor engadido para a cidade. Para iso poténciase a integración administrativa e social do agro na vida do concello e a posta en valor do rural como fronte de riqueza, así como a reinversión do concello no mundo rural para axeitar os servizos ós estándares urbanos, e axeitar a presión fiscal aos servicios reais.

Este Departamento asesora á poboación rural e intermedia fronte a empresas e administración e pretende tamén a posta en valor dos elementos arquitectónicos e naturais do rural e a promoción entre a poboación urbana e os turistas: muíños, cruceiros, sendas verdes, carballeiras, etc. Outra das liñas estratéxicas é a mellora das comunicacións e dos servizos das parroquias compostelás.
Brigada de Vías e Obras
Dende esta área diríxese tamén a Brigada de Vías e Obras, encargada de labores como a reparación e reconstrución de beirarrúas, a reparación e pavimentación de rúas, a roza de maleza en pistas municipais, o mantemento de edificios municipais e outras execucións subsidiarias.
Proxectos e Obras
Este Departamento tamén se encarga de elaborar proxectos de mantemento e conservación de vieiros, da apertura de novas rúas, da construción das redes de infraestruturas de titularidade municipal. Ocúpase da autorización de obras e as súas funcións vincúlanse estreitamente coa dirección e supervisión das obras e proxectos de iniciativa pública.


Compartir: