FESTAS
Nik West e Mambo Jambo no Apóstolo 2016
![Nik West.](/imxd/noticias/imx/1469709527Nik_West.jpg)
As festas do Apóstolo entran na súa recta final, pero mañá aínda vivirán unha das noites máis agardadas da programación, co concerto de Nik West e Mambo Jambo na praza da Quintana. Será partir das dez da noite, con entrada libre.
ALCALDÍA
Santiago de Compostela e Padrón reafirman os seus fortes vencellos
As festas do Apóstolo tiveron este mércores unha das súas citas máis tradicionais, o Día de Padrón, celebración que tamén se mantén á inversa –na honra de Santiago- na Pascua da vila veciña. Como cada ano, foi o momento de renovar a colaboración e de estreitar os lazos entre os dous municipios.
FESTAS
Molotov Jukebox e Banda Crebinsky fixeron bailar ao publico da Quintana
![Banda Crebinsky.](/imxd/noticias/imx/1469655806011.jpg)
As festas do Apóstolo viviron este mércores unha das súas xornadas máis musicais. O concerto máis importante do día foi o que ofreceron na praza da Quintana Molotov Jukebox e Banda Crebinsky.
FESTAS
"Música a pé de rúa" para gozar das festas do Apóstolo con seis grupos locais
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou esta mañá as actuacións da Música a pé de rúa, que encherán tres prazas do Ensanche durante a tarde deste mércores. Na rolda estivo acompañada de dous mozos participantes.
FESTAS
A praza da Quintana acolle mañá xoves a actuación do coro Saint Luc Banabakintu
![Outra imaxe dunha actuación.](/imxd/noticias/imx/1469620810egueire1.jpg)
A programación das festas do Apóstolo vén de incorporar unha nova actividade, que se vai desenvolver mañá xoves, ás 13:00 horas, na praza da Quintana. Trátase da actuación do coro Saint Luc Banabakintu, un grupo de Costa do Marfil creado en 1974 e que habitualmente canta nunha parroquia de Adjamé, a capital do país. A agrupación leva tempo percorrendo Galicia, para dar a coñecer a realidade cultural e social de Costa do Marfil.
FESTAS
A Banda Municipal de Música e a Real Filharmonía de Galicia súmanse á festa
![A orquestra recibe sempre unha extraordinaria acollida no seu concerto do Apóstolo.](/imxd/noticias/imx/14696218593183.jpg)
A Banda Municipal de Música e a Real Filharmonía de Galicia serán as protagonistas, este xoves, da programación das festas do Apóstolo.
FESTAS
The Dandy Warhols, protagonistas doutra xornada das festas do Apóstolo
![Outro momento da actuación.](/imxd/noticias/imx/1469565202photo390118537151228560.jpg)
Os protagonistas musicais deste martes nas festas do Apóstolo foi a banda de rock estadounidense The Dandy Warhols, que ofreceu un agardado concerto na praza da Quintana.
FESTAS
Molotov Jukebox e Banda Crebinsky, na axenda do Apóstolo para este mércores
As festas do Apóstolo vivirán este mércores unha das súas xornadas máis musicais. O concerto máis importante da xornada será o que ofrezan na praza da Quintana, a partir das 21:30, Molotov Jukebox e Banda Crebinsky.
FESTAS
Animada e concorrida xornada grande no Apóstolo, pechada co rock galego de Samesugas e Ruxe Ruxe
![Ruxe Ruxe.](/imxd/noticias/imx/1469484160photo390118537151228554.jpg)
O 25 de xullo, festividade do Apóstolo e Día de Galicia, volveu reunir milleiros de persoas nas rúas compostelás, que gozaron dunha xornada calurosa e con actividades en diferentes partes da cidade.
FESTAS
Arrebato pirotécnico nos Fogos do Apóstolo
![Outro momento da noite.](http://www.santiagodecompostela.gal/imxd/noticias/imx/1469399258photo390118537151228535.jpg)
Un ano máis, a noite do 24 de xullo volveu congregar a milleiros de persoas nas rúas de Compostela para presenciar, dende a praza do Obradoiro ou dende outros puntos da cidade, os tradicionais Fogos de Apóstolo. Santiagueses e visitantes gozaron dunha intensa sesión pirotécnica, que completou un espectáculo audiovisual que repasou parte da historia e dos personaxes ilustres da cidade.