FESTAS
Antes, dentro do programa Artellando, a praza do Toural acolleu o Baile Assalto, consistente en diversos obradoiros de baile ao longo de toda a xornada, nos que se tocaron diferentes tradicións e con música ao vivo.
Outra das citas da xornada foi o Compostela Sound System, primeiro cunha exposición de vinilos personalizados no Matadoiro Compostela e logo cun obradoiro de deejay na Quintana. O evento completouse na praza coas actuacións de Rude Teo, DJ Mil e DJ Ches.
A parte musical da xornada completouna a actuación de Mónica de Nut e Luis Martínez na praza de Salvador Parga, dentro do ciclo "Artellando nos recunchos".
Futbolín e chave
O Centro Sociocultural de Vite acolleu o Compostela Futbolín 2016. Houbo un campionato por equipos, formados por unha parella de nivel elite e unha de segundo nivel, e un campionato xuvenil no que as parellas participantes debían ter menos de 18 anos. Tamén hoxe se celebrou unha nova xornada do XXXVIII Torneo de Chave das Festas do Apóstolo.
Circo, baile e sound system animaron a oitava xornada das festas do Apóstolo
22/07/2016 As festas do Apóstolo chegaron este venres á súa oitava xornada, protagonizadas por eventos como a gala Circompostela, o concerto Compostela Sound System e os obradoiros do Baile Assalto.
Despois do éxito que tivo o ano pasado, celebrouse unha nova Gala do Novo Circo Compostelán dentro das festas do Apóstolo, no parque de Belvís e da man de PistaCastro e Culturactiva. No espectáculo participaron Fiti (corda), Raquel Veganzones (xogos aéreos), Amanda (pole), Andrés del Revés (equilibrios), Kote (diábolo e malabares), Isla Letriska (malabares) e Javi Javichi (circo e malabares).Antes, dentro do programa Artellando, a praza do Toural acolleu o Baile Assalto, consistente en diversos obradoiros de baile ao longo de toda a xornada, nos que se tocaron diferentes tradicións e con música ao vivo.