FESTAS

O folclore galego e os coches antigos, protagonistas dunha nova xornada das Festas do Apóstolo

28/07/2012 As Festas do Apóstolo viviron unha nova xornada, na que destacaron o Concurso de Traxes de Época e Coches Antigos da praza de Praterías e a primeira entrega das Xornadas de Folclore Galego da Quintana.

Na primeira sesión das Xornadas de Folclore Galego participaron Cantigas e Agarimos, Colexiata do Sar, Os Xeitosos de Trazo e a Asociación Cultural Xirandola, de Bandeira. O baile tradicional continúa o domingo, ás 21:30 horas na Quintana, coas actuacións de Brincadeira, Ultreia, A Ponte Vella (Teo) e Trébede, de Marín.

Tamén os coches antigos continúan un día máis en Compostela, neste caso expostos na praza do Obradoiro (11:30 h) para satisfacer a curiosidade de veciños e visitantes. E moi preto, na rúa do Vilar (12:00 h), a Banda Municipal de Música ofrece un novo concerto. Os que prefiran outro tipo de ritmos teñen unha cita coa sesión vermú do Compostela Rock na Zona C de Bonaval (13:00 h), con Los Chavales e Bigote Mix DJ. A entrada é libre.

Compartir: