FESTAS

Aerolíneas Federales reviviu na praza da Quintana a movida dos 80

26/07/2012 Unha repleta praza da Quintana reviviu a movida dos 80 co concerto de Aerolíneas Federales. A banda viguesas logrou crear un clima de gran complicidade lembrando os seus grandes éxitos.

Aerolíneas Federales chegaba para substituír cunha actuación de balde a Tom Jones, que tivo que aprazar o seu concerto ata o 27 de agosto por motivos de saúde. Pero os vigueses, na súa segunda actuación en Santiago en poucos meses -estiveran no Compostela Rock o 19 de abril- volveron a gañarse o público compostelán. Os congregados na Quintana bailaron ao ritmo de temas como "No me beses en los labios", "Soy una punk" o "Solo quiero divertirme".

Compartir: