FESTAS

Todo listo para o espectáculo multimedia e virtual dos Fogos do Apóstolo

24/07/2012 Ás 23:30 horas comezará unha nova edición dos Fogos do Apóstolo, que este ano recuperan a queima da fachada gótica virtual e introducen a figura do actor galego Samuel Blanco no papel de Paio, descubridor da tumba, que será o encargado de narrar a historia a través do personaxe proxectado sobre a Catedral.

O espectáculo volverá a incorporar as últimas tecnoloxías de realidade virtual aplicada á proxección sobre monumentos. Esta é precisamente a razón pola que a queima da fachada será virtual. Tamén se incorporarán sorpresas na última parte, nunha produción audiovisual feita expresamente para este ano, e que integra máis que a edición pasada a pirotecnia no espectáculo.

A empresa General de Producciones y Diseño (GPD) é a encargada dos espectáculos do 24 e do 31 de xullo, e repite por segundo ano como responsable do espectáculo, que en 2011 foi valorado moi positivamente polo público en virtude da súa calidade e orixinalidade.

Logo dos Fogos, seguirá a música na Alameda, coa orquestra Charleston, e na Quintana, co concerto de Coti e Robert Ramírez, con entrada libre.

Compartir: