FESTAS

Vanessa Martín e Georgina, protagonistas dunha nova entrega musical das Festas

23/07/2012 A cuarta xornada das Festas do Apóstolo levou a música de novo ata a Quintana, da man de Vanessa Martín e Georgina.

As dúas cantantes protagonizaron a actuación Ellas en concerto, con entrada de balde. Antes e coa presenza do alcalde, presentáranse no Teatro Principal os libros Santiago de Compostela en branco e negro, e O pasado nunca pasa, Santiago de Compostela, ambos de Teófilo Comunicación.

A xornada do martes 24 comezará ás 12:00 horas, co encontro de xigantes e cabezudos na Quintana, onde se producirá a reaparición da figura do dragón mitolóxico "A Coca". Tras unha sesión de pirotecnia, os cabezudos desprazaranse ata o Toural.

Xa pola noite, e tras unhas horas de animación de rúa, ás 23:30 horas celebrarase o espectáculo nocturno dos Fogos do Apóstolo na praza do Obradoiro. Logo seguirá a música na Alameda, coa orquestra Charleston, e na Quintana, co concerto de Coti e Robert Ramírez, con entrada libre.

Compartir: