FESTAS

As entradas anticipadas para o concerto de Calle 13 poden adquirirse no despacho de billetes do Teatro Principal

20/07/2012 As entradas anticipadas para o concerto de Calle 13, previsto para o 25 de xullo, ás 22:30 horas, na praza da Quintana, poden adquirirse no despacho de billetes do Teatro Principal a un prezo único de 21,35 euros.

No caso de mercalas no mesmo día do concerto, a entrada terá un custo de 30 euros. Soamente neste caso se aplicará o desconto do 20% sobre o prezo da entrada a quen acredite a condición de desempregado.

As Festas do Apóstolo 2012 arrancan este venres coa lectura do pregón a cargo do adestrador do Obradoiro CAB, Moncho Fernández, ás 23:00 horas dende os balcóns de Raxoi. Posteriormente, terá lugar o concerto de Milladoiro, ás 23:30 horas na praza da Quintana, con entrada libre.

Compartir: