ALCALDÍA

A alcaldesa de Santiago e o ministro de Economía chegan a un acordo para traballar por un cambio de usos nos terreos de Peleteiro e favorecer o uso residencial

10/05/2024

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, mantivo un encontro co ministro de Economía, Carlos Cuerpo, e coa secretaria xeral do Tesouro, Paula Conthe, no que acordaron traballar nunha nova proposta para os terreos de Peleteiro. Na reunión sentaron as bases para iniciar un traballo técnico encamiñado a cambiar a actual ordenación urbanística deste ámbito priorizando o uso residencial, promovendo a vivenda e dedicando unha parte importante a vivenda protexida.

Ler máis

EMPREGO

O Concello incorpora o programa FemCoders ao Plan Integrado de Emprego

10/05/2024

Un cento de mulleres desempregadas están a recibir formación e asesoramento no marco do Programa Integrado de Emprego que desenvolve o Concello de Santiago, a través da concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Ecoómica e Xuventude. A súa responsable, María Rozas, deu conta hoxe das actividades, que se desenvolven ata o mes de novembro. Entre elas destaca a acción FemCoders, unha actividade novidosa dirixida a reducir a fenda dixital de xénero no sector tecnolóxico.

Ler máis

DEPORTES

Aberta ata o 14 de maio a inscrición para a X Carreira Camiño das Letras que conta co apoio do Concello de Santiago

10/05/2024

A X Carreira Camiño das Letras celebrarase o vindeiro 17 de maio con dúas rutas diferentes, unha de 15 km, que percorrerá a Ruta da Prata desde o Pico Sacro á Cidade da Cultura, e outra de 5 km, na propia contorna do Gaiás. Tamén haberá circuítos na Cidade da Cultura para a rapazada, que poderá participar nalgunha das catro categorías habilitadas por idades (de sub 6 a sub 16). As persoas participantes poden inscribirse ata o 14 de maio en www.carreirasgalegas.com e todas recibirán un libro de agasallo.

Ler máis

FESTAS

O concerto "Los 40 Santiago Pop" e a orquestra Panorama abren as Festas da Ascensión deste ano

08/05/2024

As festas compostelás por excelencia arrancarán mañá co concerto de "Los 40 Santiago Pop" que reunirá na praza da Quintana a partir das 21:00 h, figuras do panorama musical actual como David Otero, Bombai ou Lontreira. Seguirá a troula coa orquesta Panorama que ofrecerá o seu espectáculo a partir das 22:30 horas na praza do Obradoiro. Fillas de Cassandra e Billie Marten son outras das actuacións destacadas das Festas deste ano, así como a celebración da segunda edición do Composfest que...

Ler máis

DEPORTES

Volve este domingo á Alameda a XXIII edición da Volta Ciclista da Ascensión

08/05/2024

A contorna da Alameda acollerá este domingo 12 de maio a XXIII edición da Volta Ciclista da Ascensión que comezará ás 10:00 horas, con saída e chegada na avenida de Xoán Carlos I. A carreira foi presentada esta mañá en rolda de prensa pola concelleira de Deportes, Pilar Lueiro, e o presidente do Club Ciclista Compostelano, Abel Gómez.

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello súmase ás reinvidicacións a prol da lingua galega con motivo do 17 de maio

07/05/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, mantivo esta mañá un encontro cos representantes da plataforma Queremos Galego para tratar os temas que serán obxecto de reivindicación na manifestación do vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas que partirá da Alameda de Santiago e rematará na praza da Quintana. O Pazo de Raxoi tamén acollerá una acto o 16 de maio no que se fará lectura da Declaración Institucional apoiada por todos os grupos municipais para reivindicar e impulsar o uso do galego tanto na...

Ler máis

XUVENTUDE

A Concellaría de Mocidade organiza unha nova edición do campamento de verán de surf en Oleiros

07/05/2024

Os mozos e mozas de entre 14 e 17 anos volverán ter a oportunidade de participar nun campamento de verán de surf no concello de Oleiros, grazas ao programa organizado pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A actividade desenvolverase do 1 ao 8 de xullo, e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 20 de maio ao 3 de xuño, tal e como onte aprobou a Xunta de Goberno.

Ler máis
Compartir: