Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.



MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Silvouta (dende o 20 de maio )

A partir do luns 20 de maio, por razóns de seguridade no tránsito durante as obras de construción da nova EDAR da Silvouta, pecharase á circulación un tramo da rúa da Silvouta, perpendicular á rúa das Pedreiras. Este corte súmase ao xa existente desde o pasado 2 de abril no último tramo da rúa das Pedreiras, o máis próximo á zona da actuación.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE E CONVIVENCIA

Incidencias Policía Local

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
Dende as 08:00 horas do día 15/05/2024 ata as 08:00 horas do día 16/05/2024

--:-- CONTROIS E INSPECCIÓNS: en varias zonas da cidade.
--:-- ACCIDENTES DE TRÁFICO, RECLAMACIÓNS DE DANOS, DELITOS CONTRA SEGURIDADE VIARIA E PROBAS DE ALCOL E DROGAS:
- Ás 08:11 horas, ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: na avenida Antón Fraguas, entre dous vehículos con resultado de danos materiais. Confeccionan parte amigable.
- 13:47 horas: ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: na rúa Doutor Teixeiro entre dous vehículos, con resultado de danos materiais.
- 19:55 horas: ATROPELO: na rúa de Fonseca coa rúa de Xelmírez, un vehículo atropela unha peoa, que resulta ferida con carácter leve.
- 00:40 horas PROBA DE ALCOL E DROGAS: na rúa Rosalía de Castro realízanse ambas probas ao condutor dun turismo, con resultado NEGATIVO en ambas as dúas.
09:35 CONCENTRACIÓN: na praza das Praterías.
11:39 CONCENTRACIÓN: diante da facultade de Xeografía e Historia.
18:05 INCENDIO: na rúa do Campo do Gaio apágase unha papeleira incendiada.
20:57 CONCENTRACIÓN: no paseo da Alameda.
--:-- RUÍDOS EN VIVENDA: acódese a dous pisos.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa de Vite de Arriba (20 - 24 de maio)

Desde o luns 20 ata o venres 24 de maio, a rúa de Vite de Arriba quedará cortada ao tráfico por mor da realización de obras de canalización sobre a calzada. A rúa estará pechada á circulación cada día en horario de 8:00 a 20:00 horas. Debido a que a rúa vai quedar partida en dous, as persoas residentes deberán entrar e saír dende os seus extremos.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa de Vite de Abaixo (13-17 de maio)

Desde o luns 13 ata o venres 17 de maio, a rúa de Vite de Abaixo á altura do número 41, quedará cortada ao tráfico por mor da realización de obras de canalización sobre a calzada. A rúa estará pechada á circulación cada día en horario de 8:00 a 20:00 horas. Debido a que a rúa vai quedar partida en dous, as persoas residentes deberán entrar e saír dende os seus extremos.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Algalia de Arriba (dende o 2 de abril)

A partir do martes 2 de abril producirase o corte da rúa da Algalia de Arriba durante cinco semanas para executar os traballos de mantemento e reparación do pavimento. Permitirase o acceso peonil.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na zona da Silvouta (dende o 2 de abril)

A partir do martes 2 de abril, por mor das obras de construción da nova EDAR da Silvouta, pecharase á circulación o último tramo da rúa das Pedreiras, o máis próximo á zona da actuación. Esta rúa une os lugares de Laraño e Silvouta, polo que para circular entre os dous puntos deberá empregarse a AC-543. A duración do corte estímase que sexa dun ano.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Acibechería (a partir do 14 de febreiro)

A partir do mércores 14 de febreiro, a rúa da Acibechería quedará cortada ao tráfico por mor dos traballos de mantemento e reparación do pavimento da súa calzada, que terán unha duración estimada de tres semanas.

O corte da rúa levarase a cabo en dúas fases. A primeira comprende o tramo entre o entroncamento coa rúa Vía Sacra e a praza da Inmaculada, polo que quedará prohibida a circulación de baixada dende a praza de Cervantes.

A segunda fase executarase no tramo entre a praza de Cervantes e o cruzamento coa rúa Vía Sacra, polo que os vehículos que proveñan desta rúa deberán saír pola praza da Inmaculada.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa dos Caraveis (a partir de 29 de xaneiro)

A partir de hoxe, 29 de xaneiro, a rúa dos Caraveis vai quedar cortada ao tráfico no tramo de subida que vai desde a rúa da Ponte Nova de Vidán ata o camiño Real de Vidán por mor dun corremento de terras que afecta ao noiro que sustenta este vial na súa pendente.

Co obxectivo de garantir a seguridade, o Concello de Santiago limitará a circulación de vehículos ata a súa estabilización. Ata ese momento a veciñanza da zona afectada deberá realizar a entrada e saída pola rúa de Vidán, situada ó final da avenida da Mestre Victoria Míguez, antes da rotonda.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rotonda da avda. de Lugo coa SC-20 (a partir do 29 de xaneiro)

A partir das 11:00 horas do vindeiro luns 29 de xaneiro, o ramal de baixada dende a rotonda da avenida de Lugo cara a SC-20, sentido San Lázaro-Polígonos, vai quedar cortado ao tráfico debido ás obras de instalación de pantallas acústicas que está a executar a empresa Dragados para ADIF e que teñen unha duración prevista de dous meses e medio.

Este corte vai implicar os seguintes desvíos:

Os vehículos que circulen baixando pola avenida de Lugo e queiran acceder á SC-20, deberán facelo pola rotonda desta avenida coa rúa de Londres, e circular por esta vía ata chegar á rúa de Roma, e alí enlazar coa rotonda existente nesta vía e incorporarse á SC-20.

Da mesma maneira os vehículos que circulen sentido subida pola avenida de Lugo, deberán empregar a mesma rotonda e baixar pola rúa de Londres e realizar o mesmo circuíto para incorporarse á SC-20.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na avenida da Coruña e avenida de Compostela (Campus Sur)

No marco do proxecto de reurbanización do Campus Sur, o vindeiro luns 15 de xaneiro comezarán as obras da seguinte fase, o que provocará o corte total ao tráfico da avenida da Coruña (tramo comprendido entre avenida das Ciencias e avenida Antonio Raimundo Ibáñez) e da avenida de Compostela (tramo comprendido entre as avenidas de Antonio Raimundo Ibáñez e das Burgas). Quedará eliminado tamén o estacionamento.

O corte será efectivo a partir das 9.30 horas do citado luns. O tráfico procedente da rúa de Rosalía de Castro será desviado pola avenida das Ciencias, e o procedente da avenida das Burgas continuará polo tramo aberto da avenida de Compostela e Cruceiro do Gaio.

Transporte urbano

Por mor destas obras, a liña 8 en sentido Camiño dos Vilares realizará o seguinte desvío:

A partir das 9:30 do luns 15 de xaneiro:
*Saídas de tanatorio de Boisaca / Camiño dos Vilares: non se alteran.

*Saídas de Vidán: os autobuses realizarán o percorrido habitual pola estrada de San Lourenzo e Campo de San Domingos ata o cruce coa rúa José María Suárez Núñez, onde realizarán a parada habitual e desviaranse pola citada rúa, rúa Vicente Fraíz Andión (facultade de Psicoloxía), rúa Lope Gómez de Marzoa, avda. Mestre Mateo, Rosalía de Castro e retomarán o seu itinerario na avda. Xoán Carlos I.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (565) San Lourenzo, carballeira; (79) avda. das Burgas, instituto Xelmírez; (78) avda. da Coruña, cruce Feáns.

As persoas usuarias da parada 565 na carballeira terán como parada alternativa máis próxima a anterior parada da liña, no cruce coa rúa José María Suárez Núñez. Para as outras dúas paradas anuladas (avdas. Burgas e Coruña), a alternativa máis próxima é na avda. Xoán Carlos I, fronte á igrexa do Pilar.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.


Compartir: