RURAL

O Concello dota os centros socioculturais do rural compostelán de 46 ordenadores co obxectivo de reducir a fenda dixital

15/05/2024

A concelleira de Rural, Pilar Lueiro, deu conta hoxe en rolda de prensa da nova dotación de equipos de uso público para as aulas informáticas dos centros socioculturais da zona rural. En total, o Concello reforzará este servizo dirixido ás persoas usuarias dos centros con 46 ordenadores de sobremesa e monitores ao abeiro dun investimento do POS+ da Deputación da Coruña.

Ler máis

FESTAS

Volve a Festa do Banquete de Conxo cun amplo programa de actividades para o 24, 25 e 26 de maio

14/05/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e a tenenta de alcaldesa, María Rozas, presentaron esta mañá no Pazo de Raxoi o programa completo de actividades da quinta edición da Festa do Banquete. O día grande da Festa será o domingo 26 de maio, cos desfiles teatralizados, o pregón e a posterior romaría popular na carballeira que estará amenizada por distintas actuacións musicais. Ambas responsables políticas fixeron un chamamento á participación de toda a veciñanza tanto na festa do...

Ler máis

SUSTENTABILIDADE AMBIENTAL

O edificio do Cersia acollerá o 25 de maio unha xornada sobre compostaxe

14/05/2024

O Concello organiza o vindeiro sábado 25 de maio unha xornada sobre compostaxe dirixida a todas as persoas interesadas en adquirir coñecementos e resolver dúbidas sobre a xestión da materia orgánica. A xornada, con asistencia de balde previa inscrición, foi presentada esta mañá en rolda de prensa polo concelleiro de Sustentabilidade Ambiental, Xesús Domínguez.

Ler máis

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

O Concello de Santiago reforza a súa colaboración coa Asociación Fonte da Virxe

14/05/2024

A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais reforza a súa colaboración coa Asociación Fonte da Virxe de familiares e amigos de persoas con enfermidade mental, a través do convenio que veñen de asinar a edila María Rozas e a presidenta da entidade, Mar Piñeiro. En virtude do acordo, o Concello achegarálle á asociación 5.000 euros para o desenvolvemento de diferentes actividades, 1.500 euros máis que en anos anteriores.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

A Xunta de Goberno inicia a contratación de obras en cinco parroquias do rural por un importe total de máis de 975.000 euros

13/05/2024

O executivo municipal deu luz verde esta mañá a cinco expedientes para levar a cabo diversas actuacións de pavimentación e mellora de instalacións en varias parroquias do rural compostelán por un importe total de 975.873,24 euros, ao abeiro do Plan Único de Concellos POS+ da Deputación da Coruña. En concreto, o Concello realizará obras de pavimentación no lugar de Vilamaior (Sabugueira), no núcleo interior do lugar de Pedrido (Villestro) e nos lugares de Bar de Arriba e Bar de Abaixo e Rúa dos Asidros,...

Ler máis

ALCALDÍA

O Concello celebra o Día das Letras Galegas cunha campaña que pon en valor a obra de Luísa Villalta e coa lectura pública dunha declaración institucional

13/05/2024

Con motivo do Día das Letras Galegas, o 17 de maio, o Concello de Santiago lanza a campaña "Andei por Santiago/pisando estrelas" coa que convida á veciñanza a compartir en redes sociais os seus recunchos favoritos de Compostela ao mesmo tempo que se pon en valor a figura da poeta Luísa Villalta. A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, detallou en rolda de prensa esta e outras iniciativas que terán lugar ao longo deste semana e que inclúen o acto de lectura pública da declaración institucional o 16 de maio,...

Ler máis

DEREITOS E SERVIZOS SOCIAIS

O orzamento para as bolsas de comedor escolar, material e actividades extraescolares sobe un 40% nunhas bases "menos restritivas para chegar a máis familias"

13/05/2024

A Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais destinará 1.100.000 euros ás bolsas de comedor escolar, adquisición de material escolar e realización de actividades extraescolares para o próximo curso 2024-2025. É case un 40% máis que na pasada convocatoria, tal e como se recolle nas bases que hoxe aprobou a Xunta de Goberno, e que tamén introducen novidades en canto aos criterios de baremación e as contías das axudas. A concelleira María Rozas explicou que o obxectivo é "chegar a máis...

Ler máis

CIDADES PATRIMONIO

A Asemblea das 15 Cidades Patrimonio da Humanidade impulsa en Ibiza grandes eventos culturais para celebrar o XXX aniversario do Grupo

11/05/2024

O Presidente do Grupo de Cidades Patrimonio e alcalde de San Cristóbal de la Laguna, Luís Yeray Gutiérrez, presidiu a Executiva e a Asemblea, celebradas en Eivissa, onde se aprobou o calendario de grandes eventos culturais para celebrar o XXX aniversario do Grupo entre os que se inclúen concertos en espazos monumentais á luz das velas, espectáculos de drones ou a nova edición da Noite do Patrimonio, o sábado 14 de setembro. Trátase da última Asemblea presidida por Luís Yeray Gutiérrez que, a partir do...

Ler máis

ALCALDÍA

A alcaldesa de Santiago e o ministro de Economía chegan a un acordo para traballar por un cambio de usos nos terreos de Peleteiro e favorecer o uso residencial

10/05/2024

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, acompañada polo concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, mantivo un encontro co ministro de Economía, Carlos Cuerpo, e coa secretaria xeral do Tesouro, Paula Conthe, no que acordaron traballar nunha nova proposta para os terreos de Peleteiro. Na reunión sentaron as bases para iniciar un traballo técnico encamiñado a cambiar a actual ordenación urbanística deste ámbito priorizando o uso residencial, promovendo a vivenda e dedicando unha parte importante a vivenda protexida.

Ler máis
Compartir: