EDUCACIÓN

Programa municipal de conciliación de verán 2024

06/05/2024

A Xunta de Goberno Local na súa sesión do 6 de maio aprobou os prazos de solicitude e o procedemento de admisión do "Programa municipal de conciliación de verán 2024", destinado á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago, que se vai desenvolver nos CEIP Ramón Cabanillas e Monte dos Postes entre o 24 de xuño e o 10 de setembro, ambos incluídos.

Ler máis

XUNTA DE GOBERNO

Aberto ata o 14 de maio o prazo de inscrición no Programa municipal de conciliación de verán 2024

06/05/2024

A Xunta de Goberno Local aprobou os prazos de solicitude e o procedemento de admisión do "Programa municipal de conciliación de verán 2024", destinado á poboación escolarizada en educación Infantil e Primaria do municipio de Santiago, que se vai desenvolver nos CEIP Ramón Cabanillas e Monte dos Postes entre o 24 de xuño e o 10 de setembro, ambos incluídos. A concelleira de Educación, Míriam Louzao, deu conta dos detalles en rolda de prensa.

Ler máis

ALCALDÍA

A alcaldesa traslada, na reunión co Foro Cívico, acordos do Concello con outras administracións que favorecerán o desenvolvemento da cidade

06/05/2024

A alcaldesa Goretti Sanmartín, acompañada da tenente de alcaldesa María Rozas e do concelleiro de Urbanismo Iago Lestegás, mantiveron unha xuntanza co Foro Cívico para analizar temas cruciais para a cidade. En declaracións aos medios ao remate do encontro, que cualificou de "satisfactorio" afirmou concordar "coa liña e coa defensa que fai o Foro Cívico deles para o desenvolvemento da cidade".

Ler máis
Compartir: