XUNTA DE GOBERNO

O Concello aproba un convenio de colaboración coa USC para desenvolver accións concretas cara a un turismo máis sostible

20/05/2024

A Xunta de Goberno aprobou esta mañá o convenio de colaboración entre o Concello e a Universidade de Santiago para o desenvolvemento de traballos de investigación e actividades de I+D+i en materia de turismo sostible. O executivo municipal tamén deu luz verde a dous expedientes para realizar intervencións nas parroquias de Aríns e Laraño, así como a un convenio coa Xunta para a xestión do servizo de comedor en nove centros educativos para os cursos 2023-24 e 2024-25 e ao Plan municipal de prevención contra os...

Leer más

XUNTA DE GOBERNO

Aprobada a convocatoria de subvencións destinadas ao fomento de actividades a prol da igualdade e á prevención das violencias machistas

20/05/2024

A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe a convocatoria para a concesión de subvencións para o fomento de programas e actividades en prol da igualdade efectiva entre mulleres e homes e das persoas do colectivo lésbico, gay, bisexual, transexual, intersexual e queer (LGBTIQ+) e de prevención e loita contra as violencias machistas, para o ano 2024, que conta cun orzamento de 30.000 euros.

Leer más

XUVENTUDE

Aberto o prazo de inscrición no Campamento de verán de surf destinado á mocidade de Compostela

20/05/2024

Un ano máis, os mozos e mozas de entre 14 e 17 anos teñen a oportunidade de participar nun campamento de verán de surf no concello de Oleiros, grazas ao programa organizado pola Concellaría de Dereitos e Servizos Sociais, Promoción Económica e Xuventude. A actividade desenvolverase do 1 ao 8 de xullo, e o prazo para presentar as solicitudes estará aberto desde hoxe, 20 de maio, ata o 3 de xuño.

Leer más

ALCALDÍA

Recepción á delegación de embaixadores e embaixadoras da UE

20/05/2024

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, e membros da Corporación municipal recibiron esta mañá no Pazo de Raxoi unha delegación de embaixadores/as da Unión Europea acreditados en España, encabezados polo embaixador de Bélxica en España, Gerard Cockx, país que ostenta a presidencia de turno do Consello da UE durante este trimestre.

Leer más

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Santiago asume a presidencia de REDEL, a Rede de Entidades de Desenvolvemento Local

18/05/2024

A Rede de Entidades de Desenvolvemento Local, REDEL, vén de proclamar a súa nova Xunta Directiva na Asamblea Xeral celebrada en Xixón. Durante os próximos anos, o Concello de Santiago asumirá a presidencia da entidade, a través da técnica responsable da Oficina de Promoción Económica, Carme Casado. Da Xunta Directiva formarán parte outras dez entidades, de diferentes lugares de todo o Estado.

Leer más

ALCALDÍA

O Concello reivindica o uso da lingua e a figura de Luísa Villalta con motivo do Día das Letras Galegas

16/05/2024

Na véspera do Día das Letras Galegas, o Concello de Santiago sumouse á súa celebración coa lectura por parte dos membros da Corporación dunha declaración institucional que reafirma o compromiso de todos os grupos políticos a prol do uso do galego na administración municipal e da súa promoción na sociedade. Durante o acto tamén se recoñeceu a figura de Luísa Villalta coa lectura dunha escolma dos seus poemas. Ademais, o Concelllo continúa coa súa campaña "Andei por...

Leer más

DEPORTES

Compostela acolle esta fin de semana o I Campionato Galego de Billarda

16/05/2024

Este campionato, o primeiro destas características que se celebra nunha Comunidade Autónoma española, celebrarase o vindeiro domingo 19 de maio no campo de herba natural de Conxo a partir das 12:00 e contará arredor de 100 participantes dos máis de 200 federados/as en Galicia nesta disciplina deportiva.

Leer más

MOBILIDADE

Tussa reorganiza as liñas de autobús ao aeroporto e habilita un servizo directo desde a intermodal

15/05/2024

O Concello reorganizará a partir do próximo 24 de maio o servizo de autobús ao aeroporto para atender o incremento de demanda derivado do inicio da tempada alta na terminal Rosalía de Castro sen prexudicar á veciñanza que é usuaria do transporte público. Para iso, desdobrarase a actual liña 6A, de maneira que terá servizos directo ao aeroporto desde a estación intermodal e sen paradas a través da autovía, e outros que manterán as actuais paradas do treito urbano. Ao tempo, manterase sen cambios a...

Leer más
Compartir: