Os avisos serven para dar a coñecer os comunicados de carácter urxente, licitacións abertas, rúas cortadas ao tráfico e desvíos alternativos.



MOBILIDADE

Alteracións no tráfico por mor do CorreSAN Ruta de Prata en Angrois (11 de maio)

Este sábado 11 de maio, as rúas da parroquia de Angrois acollerán a X edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSAN, organizadas pola Federación Galega de Atletismo e patrocinadas polo Concello de Santiago. O percorrido arrancará na Grandeira, para continuar polo camiño do Limpadoiro, rúa de Lamas de Abade, rúa da Divina Pastora, rúa das Canteiras do Sar e rúa do Camiño Real de Angrois para finalizar nuevamente na Grandeira. A carreira para os pequenos discurrirá dende a Grandeira polo camiño do Limpadoiro, Lamas de Abade, rúa da Presa e finalizará na Grandeira. Para facilitar o desenvolvemento da proba pecharase ao tráfico o itinerario desde as 17:15 horas ata o remate da actividade, arredor das 19:30 horas.

O horario de saída das probas serás ás 17:30 h e ás 17:50 h para escolares; e ás 18:15 horas para persoas adultas.

Solicítase aos cidadáns que atendan as indicacións da Policía Local, que estará sinalizando as zonas pechadas e os desvíos alternativos.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE E CONVIVENCIA

Incidencias Policía Local

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
Dende as 08:00 horas do día 07/05/2024 ata as 08:00 horas do día 08/05/2024

--:-- CONTROIS E INSPECCIÓNS: en varias zonas da cidade.
--:-- ACCIDENTES DE TRÁFICO, RECLAMACIÓNS DE DANOS, DELITOS CONTRA SEGURIDADE VIARIA E PROBAS DE ALCOL E DROGAS:
• 10:36 horas ACCIDENTE DE TRÁFICO: na rúa República Arxentina, un vehículo mal inmobilizado desprazouse e quedou apoiado noutro. Compróbase que non hai danos.
• 20:42 horas ACCIDENTE DE TRÁFICO: na rúa do Valiño, entre dous vehículos con resultado de danos materiais.
• 01:36 horas PROBAS DE DROGAS: na rúa Castela León, faise proba de drogas ao condutor dun vehículo con un resultado POSITIVO en vía administrativa.
FESTAS EN PISOS: acódese a un piso, con resultado NEGATIVO.

MOBILIDADE

Servizo especial de autobús para a Festa dos Maiores (11 de maio)

No marco das Festas da Ascensión 2024, con motivo da celebración da Festa dos Maiores, o vindeiro sábado 11 de maio, no recinto feiral de Amio, establecerase un servizo especial cós seguintes horarios:

Servizos de IDA: desde a praza de Galicia ata Amio, de 12:00 a 14:00 h.

Servizos de VOLTA: desde Amio ata a praza de Galicia, de 17:00 a 19:00 h.

MOBILIDADE

Servizos de reforzo na liña 1 para a festividade da Ascensión (9 de maio)

Con motivo das actividades da festividade da Ascensión, este xoves 9 de maio, a liña 1 do transporte urbano funcionará entre as 8:00 e as 15:00 h como un día laborable (cada 16 minutos) e durante este horario, todas as viaxes chegarán ata o recinto feiral de Amio.

As restantes liñas do transporte urbano prestarán o servizo dun festivo ao longo de todo o día, así como a liña 1 en horario de tarde (a partir das 15:00).

MOBILIDADE

Cortes de tráfico e modificacións no transporte urbano con motivo da XXIII edición da Volta Ciclista da Ascensión (12 de maio)

O vindeiro domingo, 12 de maio, entre as 10:00 e as 13:00 horas, celebrarase a XXIII Volta Ciclista da Ascensión, unha proba nas inmediacións da Alameda na que está previsto que participen máis de 250 ciclistas de varias categorías. Esta carreira está organizada polo Concello de Santiago e o Club Ciclista Compostelano, coa participación da Federación Galega de Ciclismo.

Por motivo desta proba, este domingo, entre as 09:00 e as 14:00 horas, as rúas do percorrido sufrirán algunhas alteracións circulatorias. A avenida Xoán Carlos I e Carreira do Conde quedarán pechadas ao tráfico, polo que os vehículos que suban pola avenida de Rosalía de Castro serán desviados pola rúa de Montero Ríos. Tampouco se poderá circular pola rúa do Pombal en sentido subida, polo que os vehículos procedentes da rúa Galeras serán desviados cara a rúa Poza de Bar.

Ademais, durante o transcurso da proba, quedará prohibido o estacionamento nas rúas avenida da Coruña e avenida de Compostela.

Desvíos no transporte urbano

Debido á celebración da Volta Ciclista da Ascensión, este domingo entre as 08:00 e as 14:00 horas veranse afectados os servizos de transporte urbano das liñas 1, 4, 8, C2, P1 e P2. Pode consultarse toda a información no seguinte enlace: https://www.tussa.org/web/actualidade/nova.php?id=899&lg=gal

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía desculpe as molestias que estas alteracións no tráfico lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Servizos para asistir ao partido de baloncesto no multiusos Fontes do Sar (domingo 12 de maio)

Servizos de transporte para asitir ao partido de Monbus Obradoiro o domingo 12 de maio ás 18:30 no multiusos Fontes do Sar.

Haberá un servizo lanzadeira desde a rúa da Rosa ata o multiusos Fontes do Sar a partir das 17:30. A liña C11 (circular de Fontiñas) accederá ao multiusos Fontes do Sar nas viaxes con paso aproximado por Xeneral Pardiñas ás 17:15, 17:35, 17:55 e 18:15. As paradas máis céntricas para coller esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, Praza de Galicia, rúa da Ensinanza e rúa Virxe da Cerca.

Ao remate do partido manterase o servizo lanzadeira con destino á rúa da Rosa.

MOBILIDADE

Servizos de transporte para o evento dos "Harlem Globetrotters" no multiusos Fontes do Sar (sábado 11 de maio)

Servizos de transporte urbano para achegarse ao multiusos Fontes de Sar con motivo do partido dos Harlem Globetrotters que terá lugar o vindeiro sábado 11 de maio:

*Para a IDA: servizos de prolongación coa liña C11 (circular de Fontiñas). A liña C11 realizará prolongacións para o acceso ao multiusos, en todos os seus servizos entre as 17:00 e as 19:00 (pasos aproximados pola rúa Xeneral Pardiñas).

As paradas máis céntricas para coller esta liña son: (673) rúa Xeneral Pardiñas nº 35 (esquina Rep. Arxentina); (674) rúa Xeneral Pardiñas nº 7 (esquina Montero Ríos); (409) Praza de Galicia (ferretería); (228) rúa da Ensinanza; (662) Virxe da Cerca nº 10 (praza de Abastos).

*Para a VOLTA: servizo lanzadeira de 21:30 a 22:30, desde o multiusos ata a rúa da Rosa.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Angustia (10 de maio)

Este venres 10 de maio, entre as 15 e as 20 horas, a entrada da rúa da Angustia dende a Cruz de San Pedro vai quedar cortada ao tráfico por mor dos labores de reparación das pedras da súa calzada. Só poderán acceder por este punto os residentes das rúas do Home Santo, de Betanzos e do Rosario.

Transporte urbano

Con motivo deste corte, as liñas de autobús urbano que circulan pola zona realizarán os seguintes desvíos entre as 15 e as 20 horas.

*Liñas 9, 13 e C5: desviaranse continuando por avda. Rodríguez de Viguri, Anxo Casal e San Roque, retomando a partir de ahí o seu itinerario habitual.

Quedarán suprimidas as paradas (196) Rodríguez de Viguri, acceso Concheiros, (220) Cruceiro de San Pedro, (154) Campo da Angustia, (557) San Domingos de Bonaval e (639) Valle Inclán La Salle.

Todas as paradas do transporte urbano no percorrido de desvío serán paradas alternativas a realizar polas liñas a demanda de usuarios.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Trindade (6 e 7 maio)

Desde o luns 6 de maio ás 08:00 horas ata o martes 7 de maio ás 20:00 horas, a rúa da Trindade vai quedar cortada á circulación por mor dos labores de reparación do empedrado da súa calzada.

O acceso alternativo para os vehículos durante estes dous días será pola rúa de Carretas.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Algalia de Arriba (dende o 2 de abril)

A partir do martes 2 de abril producirase o corte da rúa da Algalia de Arriba durante cinco semanas para executar os traballos de mantemento e reparación do pavimento. Permitirase o acceso peonil.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.


Compartir: