Los avisos sirven para dar a conocer los comunicados de carácter urgente, licitaciones abiertas, calles cortadas al tráfico y desvíos alternativos.



MOBILIDADE E CONVIVENCIA

Incidencias Policía Local

SERVIZOS PRESTADOS POLA POLICÍA LOCAL
Dende as 08:00 horas do día 16/05/2024 ata as 08:00 horas do día 17/05/2024

--:-- CONTROIS E INSPECCIÓNS: en varias zonas da cidade.
--:-- ACCIDENTES DE TRÁFICO, RECLAMACIÓNS DE DANOS, DELITOS CONTRA SEGURIDADE VIARIA E PROBAS DE ALCOL E DROGAS:
- Ás 09:07 horas, ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN, na avda do Camiño Francés, entre dous vehículos con resultado de danos materiais.
- Ás 10:14 horas ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN, na rúa Galeras, entre dous vehículos, con resultado de danos materiais. Cumprimentan parte amigable
- Ás 10:45 horas, ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN, na rúa Castela e León, consistente na saída de vía dun vehículo que causa danos a un camión e a un farol de alumeado público.
- Ás 13:45 horas, DELITO CONTRA A SEGURIDAD VIARIA, na rúa Dublín, instrúense dilixencias penais por conducir cunha perda de vixencia pola perda total de puntos. Realízase proba de drogas con resultado positivo en vía administrativa.
- Ás 14:15 horas, ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN, na confluencia da avda de Castelao coa rúa Ulpiano Villanueva, entre un vehículo e un VMP, con resultado dunha persoa ferida leve.
- Ás 21:12 horas, ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN, na rúa das Rodas por parte dun vehículo.
- - Ás 22:03 horas ACCIDENTE DE TRÁFICO entre dous vehículos, con resultado de danos materiais.
- Ás 02:35 horas DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA: na avenida de Lugo faise proba de alcol ao condutor dun vehículo con resultado POSITIVO en vía penal.
BERROS EN VÍA PÚBLICA: 4 identificados.
FESTAS EN PISOS: acódese a 7 pisos, un negativo.

Dende as 08:00 horas do día 17/05/2024 ata as 08:00 horas do día 18/05/2024

--:-- CONTROIS E INSPECCIÓNS: en varias zonas da cidade.
--:-- ACCIDENTES DE TRÁFICO, RECLAMACIÓNS DE DANOS, DELITOS CONTRA SEGURIDADE VIARIA E PROBAS DE ALCOL E DROGAS:
- Ás 15:45 horas, ACCIDENTE DE TRÁFICO E PROBAS DE ALCOL: Na praza da Paz, entre dous vehículos, con resultado de danos materiais e un ferido leve. A condutora dun dos vehículos dá un resultado positivo nas probas de alcol en vía administrativa.
- Ás 01:30 horas, PROBA DE ALCOL: na avda. Rodríguez de Viguri, faise proba de alcol ao condutor dun vehículo con resultado POSITIVO. Foi denunciado administrativamente.
- Ás 04:35 horas, PROBA DE ALCOL: na rúa Virxe da Fátima, faise proba de alcol ao condutor dun vehículo con resultado POSITIVO. Foi denunciado administrativamente.
11:45 COMPETICIÓN DEPORTIVA: Na confluencia da rúa de Sar co Camiño de Angrois, regúlase a circulación durante o paso dos corredores da carreira "CAMIÑO DAS LETRAS", sen novidade.
13:00 MANIFESTACIÓN: préstase servizo por mor de manifestación.
FESTAS EN PISOS: acódese a un piso, negativo.

Dende as 08:00 horas do día 18/05/2024 ata as 08:00 horas do día 19/05/2024

--:-- CONTROIS E INSPECCIÓNS: en varias zonas da cidade.
ACCIDENTES DE TRÁFICO, RECLAMACIÓNS DE DANOS, DELITOS CONTRA SEGURIDADE VIARIA E PROBAS DE ALCOL E DROGAS:
• Ás 10:27 horas, DELITO CONTRA A SEGURIDADE VIARIA: Na avda. de Vilagarcía sométese ao condutor dun vehículo á proba de alcol, con resultado POSITIVO en vía penal, ademais de presentar unha perda de vixencia do seu permiso de condución.
• Ás 12:55 horas, ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: Na rúa do Hórreo, prodúcese unha colisión entre tres vehículos con resultado de danos materiais.
• Ás 18:27 horas, ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN, na rúa Londres entre dous vehículos, con resultado de danos materiais.
• Ás 23:10 horas ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN: na rúa José Pastor Horta, consistente na saída de vía dun vehículo con resultado de danos materiais.
11:30 MARCHA CICLISTA: Préstase servizo nunha marcha ciclista pola cidade, organizada pola asociación "COMPOSCLETA", sen novidade.
12:08 PROBA DEPORTIVA: préstase servizo por unha proba ciclista procedente de Padrón.
03:45 GRAFFITI: na rúa Concepción Arenal, identifícase unha persoa que se atopaba pintando nunha parede.
OURIÑOS: 2 propostas de sanción.

Dende as 08:00 horas do día 19/05/2024 ata as 08:00 horas do día 20/05/2024

CONTROIS E INSPECCIÓNS: en varias zonas da cidade.
ACCIDENTES DE TRÁFICO, RECLAMACIÓNS DE DANOS, DELITOS CONTRA SEGURIDADE VIARIA E PROBAS DE ALCOL E DROGAS:
• Ás 11:59 horas, ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN, na rúa do Penedo un vehículo atropela un peón.
• Ás 06:43 ACCIDENTE DE CIRCULACIÓN, na rúa Anxo Casal, consistente nun alcance entre dous vehículos, con resultado de danos materiais.
FESTAS EN PISOS: acódese a un piso, negativo.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Silvouta (dende o 20 de maio )

A partir do luns 20 de maio, por razóns de seguridade no tránsito durante as obras de construción da nova EDAR da Silvouta, pecharase á circulación un tramo da rúa da Silvouta, perpendicular á rúa das Pedreiras. Este corte súmase ao xa existente desde o pasado 2 de abril no último tramo da rúa das Pedreiras, o máis próximo á zona da actuación.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa de Vite de Arriba (20 - 24 de maio)

Desde o luns 20 ata o venres 24 de maio, a rúa de Vite de Arriba quedará cortada ao tráfico por mor da realización de obras de canalización sobre a calzada. A rúa estará pechada á circulación cada día en horario de 8:00 a 20:00 horas. Debido a que a rúa vai quedar partida en dous, as persoas residentes deberán entrar e saír dende os seus extremos.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa de Vite de Abaixo (13-17 de maio)

Desde o luns 13 ata o venres 17 de maio, a rúa de Vite de Abaixo á altura do número 41, quedará cortada ao tráfico por mor da realización de obras de canalización sobre a calzada. A rúa estará pechada á circulación cada día en horario de 8:00 a 20:00 horas. Debido a que a rúa vai quedar partida en dous, as persoas residentes deberán entrar e saír dende os seus extremos.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Algalia de Arriba (dende o 2 de abril)

A partir do martes 2 de abril producirase o corte da rúa da Algalia de Arriba durante cinco semanas para executar os traballos de mantemento e reparación do pavimento. Permitirase o acceso peonil.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na zona da Silvouta (dende o 2 de abril)

A partir do martes 2 de abril, por mor das obras de construción da nova EDAR da Silvouta, pecharase á circulación o último tramo da rúa das Pedreiras, o máis próximo á zona da actuación. Esta rúa une os lugares de Laraño e Silvouta, polo que para circular entre os dous puntos deberá empregarse a AC-543. A duración do corte estímase que sexa dun ano.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa da Acibechería (a partir do 14 de febreiro)

A partir do mércores 14 de febreiro, a rúa da Acibechería quedará cortada ao tráfico por mor dos traballos de mantemento e reparación do pavimento da súa calzada, que terán unha duración estimada de tres semanas.

O corte da rúa levarase a cabo en dúas fases. A primeira comprende o tramo entre o entroncamento coa rúa Vía Sacra e a praza da Inmaculada, polo que quedará prohibida a circulación de baixada dende a praza de Cervantes.

A segunda fase executarase no tramo entre a praza de Cervantes e o cruzamento coa rúa Vía Sacra, polo que os vehículos que proveñan desta rúa deberán saír pola praza da Inmaculada.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rúa dos Caraveis (a partir de 29 de xaneiro)

A partir de hoxe, 29 de xaneiro, a rúa dos Caraveis vai quedar cortada ao tráfico no tramo de subida que vai desde a rúa da Ponte Nova de Vidán ata o camiño Real de Vidán por mor dun corremento de terras que afecta ao noiro que sustenta este vial na súa pendente.

Co obxectivo de garantir a seguridade, o Concello de Santiago limitará a circulación de vehículos ata a súa estabilización. Ata ese momento a veciñanza da zona afectada deberá realizar a entrada e saída pola rúa de Vidán, situada ó final da avenida da Mestre Victoria Míguez, antes da rotonda.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na rotonda da avda. de Lugo coa SC-20 (a partir do 29 de xaneiro)

A partir das 11:00 horas do vindeiro luns 29 de xaneiro, o ramal de baixada dende a rotonda da avenida de Lugo cara a SC-20, sentido San Lázaro-Polígonos, vai quedar cortado ao tráfico debido ás obras de instalación de pantallas acústicas que está a executar a empresa Dragados para ADIF e que teñen unha duración prevista de dous meses e medio.

Este corte vai implicar os seguintes desvíos:

Os vehículos que circulen baixando pola avenida de Lugo e queiran acceder á SC-20, deberán facelo pola rotonda desta avenida coa rúa de Londres, e circular por esta vía ata chegar á rúa de Roma, e alí enlazar coa rotonda existente nesta vía e incorporarse á SC-20.

Da mesma maneira os vehículos que circulen sentido subida pola avenida de Lugo, deberán empregar a mesma rotonda e baixar pola rúa de Londres e realizar o mesmo circuíto para incorporarse á SC-20.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lle poidan ocasionar.

MOBILIDADE

Corte de tráfico na avenida da Coruña e avenida de Compostela (Campus Sur)

No marco do proxecto de reurbanización do Campus Sur, o vindeiro luns 15 de xaneiro comezarán as obras da seguinte fase, o que provocará o corte total ao tráfico da avenida da Coruña (tramo comprendido entre avenida das Ciencias e avenida Antonio Raimundo Ibáñez) e da avenida de Compostela (tramo comprendido entre as avenidas de Antonio Raimundo Ibáñez e das Burgas). Quedará eliminado tamén o estacionamento.

O corte será efectivo a partir das 9.30 horas do citado luns. O tráfico procedente da rúa de Rosalía de Castro será desviado pola avenida das Ciencias, e o procedente da avenida das Burgas continuará polo tramo aberto da avenida de Compostela e Cruceiro do Gaio.

Transporte urbano

Por mor destas obras, a liña 8 en sentido Camiño dos Vilares realizará o seguinte desvío:

A partir das 9:30 do luns 15 de xaneiro:
*Saídas de tanatorio de Boisaca / Camiño dos Vilares: non se alteran.

*Saídas de Vidán: os autobuses realizarán o percorrido habitual pola estrada de San Lourenzo e Campo de San Domingos ata o cruce coa rúa José María Suárez Núñez, onde realizarán a parada habitual e desviaranse pola citada rúa, rúa Vicente Fraíz Andión (facultade de Psicoloxía), rúa Lope Gómez de Marzoa, avda. Mestre Mateo, Rosalía de Castro e retomarán o seu itinerario na avda. Xoán Carlos I.

Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (565) San Lourenzo, carballeira; (79) avda. das Burgas, instituto Xelmírez; (78) avda. da Coruña, cruce Feáns.

As persoas usuarias da parada 565 na carballeira terán como parada alternativa máis próxima a anterior parada da liña, no cruce coa rúa José María Suárez Núñez. Para as outras dúas paradas anuladas (avdas. Burgas e Coruña), a alternativa máis próxima é na avda. Xoán Carlos I, fronte á igrexa do Pilar.

O Concello de Santiago prégalle á cidadanía que desculpe as molestias que estas alteracións lles poidan ocasionar.


Compartir: